Nace Retro Maniac

Por: Luns, 5 de Xullo de 2010

Todos temos un pasado,e o da inmensa maioría dos videoxogadores falamos de consolas antigas, videoxogos que xa ninguén recorda, momentos épicos e pixelados que perduran na mente…

Pois agora temos unha oportunidade de revivir estas sensacións, xa que nace unha nova revista online en forma de PDF que tratará sobre o retro, é decir, videoxogos indie,grandes clásicos pixelados, grandes consolas pasadas etc.

Esta revista chámase Retro Maniac, e cun total de sesenta páxinas no seu primeiro volume fai un repaso de sagas importantes, títulos retro no presente, análises … dando lugar a diversos e alegres recordos.

Dádelle un vistazo e unha oportunidade. Podédela descargar premendo aquí, ou na propia imaxe.

retro maniac

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Nace Retro Maniac”

  1. AmilGZ di:

    A revista está genial! Estivem botando-lhe um olho e encantou-me, já era hora de que houvesse umha revista assim. O futuro está nos jogos antigos!

    A única pena é que nom seja em galego (ou tenha versom galega, já que os que a fam nom som galegos). O que seria já genial seria que se pudesse comprar em papel nos quiosques, eu subscrevia-me à revista sem duvidá-lo. O de ler na pantalha do computador nom me chista demasiado.

  2. skaltum di:

    O mesmo opino eu, unha versión en formato papel podería estar moi ben, aínda que temos que ter en conta que o retro é algo que non lle gusta a demasiada xente. E o de estar en galego xa me parece unha utopía imposíbel,porque se non existe nin sequera un revista de actualidade de videoxogos,moito menos un tema tan pouco comentado como é o retro.
    Eu continuarei vendo esta revista, a ver como evoluciona.

Deixar un comentario