A aparición de Adolf Kinect

Por: Luns, 5 de Xullo de 2010

Adolf Kinect

Quizais pareza un símil demasiado esaxerado, pero este novo periférico está causando unha ola de asasinatos que non favorecen en absoluto á compañía norteamericana, Microsoft.

Este novo monstro fai a súa aparición días antes do recente E3, e a partir de aquí comeza a etapa do derrube.

A súa primeira vítima é o Project Natal, que se facemos un pouco de memoria,a súa presentación no E3 do ano pasado foi do máis digna. Cunha estética e deseño decente,presentábanos unha nova forma de interactuar cos videoxogos, unha cámara que recoñecía o esqueleto das persoas que se situaban en fronte de Natal e simulaba de maneira correcta os seus movementos. Só un título abondou para que todo o mundo recordase este Proxecto Natal como algo a ter en conta nun futuro próximo. Dito videoxogo chamábase Milo, no cal podiamos interactuar de diferentes maneiras c un neno ata límites bastante elevados, como a posibilidade de entregar un folio o rapaz, e esta cámara recoñecíao creando un folio dentro do propio videoxogo, abrindo así un elenco infinito de posibilidades. Pero non acababa aquí a sorpresa, xa que se rumoreaba que este novo periférico podía custar sobre uns 50 $.

Pódese ser escéptico o non ante estas novas formas de xogar, pero ninguén pode negar que Project Natal conseguiu captar a atención de todo o mundo, e por qué non?, merecidamente.

Pero cando todos viamos un proxecto a ter moi en conta, non nos percatabamos do verdadeiro problema que isto ía supoñer, xa que dentro desa carcasa escondíase o antagonista de Microsoft, quén ía a supoñer que o inimigo agochábase na súa propia casa?

Pouco a pouco foi creando o seu maléfico plan, e apareceu publicamente días antes do E3 10, matou a Natal, cambiouse de traxe e Kinect fixo acto de presenza. Con el, trouxo unha serie de ridículos títulos de videoxogos que non prometían nada bo, pero que todos decidimos esperar para velos en movementos, aínda que a esperanza estaba perdida.

Como non podía ser doutra forma, a conferencia de Microsoft do E3 xirou case en exclusiva ao redor de Kinect, e para o noso horror, puidemos ver en primicia o verdadeiro mal que estaba ocasionando Adolf Kinect. Todos os títulos que ensinaron rozaban o ridículo, a inmensa maioría eran copias descaradas de títulos da Wii, os encargados de presentarnos estes xogos non se movían demasiado (para que Kinect non fallase?) e para terminar, pouco despois correuse o rumor de que esta cámara non se podía utilizar sentados.

A etapa do mal comezara, e Kinect estaba disposto a demostrar a todo o mundo que destrozaría todo o que puidese, e a verdade , estábao conseguindo xa que ata agora había asasinado a Natal, á conferencia de Microsoft e Milo non deu sinais de vida. Estará secuestrado ou morto?

Pero a fazaña continúa e quere inimigos máis fortes, así, días despois do terrible acto público do E3 encárase á propia Microsoft ensinándonos o verdadeiro prezo co que sairá o mercado, 150 €. Alguén comprará este periférico a este prezo?qué cantidades inxentes de publicidade terá que gastar Microsoft para darlle saída?.

De esta maneira Kinect conseguirá o seu propósito, é dicir, que Microsoft perda diñeiro con cada Kinect vendido, porque dubido moito que esta cámara sexa un éxito, xa que un periférico que custe case como a propia consola non debería nin saír o mercado, ademais tendo en conta que a inmensa maioría dos casual-gamers están en Wii, consola na que encontrarás moitísimas máis posibilidades que con esta cámara.

O reinado maléfico de Adolf Kinect comezou, e por desgraza , pretende estar entre nós moito tempo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

6 Comentarios a “A aparición de Adolf Kinect”

  1. Leo di:

    Penso que Estos "achegamentos" a Wii tanto de Microsoft como de Sony (eso si que é unha copia) chegan bastante tarde. Seguro que Natal era un montaxe para ensinarnos como funcionaría. Non sei si se fixeron demostracións públicas.

    A saber que será o proximo que garda na caixa Nintendo. Seguro que vai a solprender a mais dun.

  2. skaltum di:

    Vaia se chegan tarde, catro anos tarde concretamente. Así, como poden pretender que nos pasemos a estos artiluxios sabendo que Wii ofrece isto e máis pola súa experiencia no tema?.
    Sempre castiguei a política que está a levar a Wii nesta xeración, máis que nada polo abandono dos xogadores que lle deron a fama e no de centrarse exclusivamente nos casual-gamers,pero ninguén pode negar que Nintendo sempre foi un piar básico nas videoconsolas, e vólveo demostrar coa 3DS.
    Só espero que a súa próxima consola de sobremesa se acorde do resto de usuarios e non só dos casual.
    Pola parte de Natal (sígome negando a chamalo Kinect), apareceu facendo público a Milo, pero agora uns din que Milo conxelado, outros que nunca sairá, outros que aínda vive…unhas ida e voltas que rematará en nada.

  3. Leo di:

    Certo é que Wii parecía que abandonara os Harcoretas de toda a vida. Menos mal que ultimamente estan a endereitar un pouco o rumbo. Menos mal. O principal problema que lle vexo a Wii e que non hay bos xogos por parte das 3ªs empresas. Case que todos os títulos de Nintendo son dunha calidad excelente, pero botase de menos mais "caña" por parte do resto, sobretodo nos títulos multiplataforma…. realmente será tan dificil portar decentemente?

  4. skaltum di:

    Eu sempre dixen unha cousa, Nintendo aliméntase principalmente de Miyamoto,pero non deben deixar que isto aconteza.Está claro que a Wii sacou grandes xogos como Madworld ( da xenial Platinum Games), ten moi bos xogos en descarga…pero a inmensísima maioría son pseudoxogos adicados aos casuals, e todos sabemos que esta clase de xogadores non esixen demasiado, así sacan estos xogos.
    Ti dis que ultimamente están a solucionar o problema?, eu creo que esta xeración xa está perdida, e espero que na próxima se acorden de nós.

  5. Leo di:

    Non sei, pero Modern Warfare Reflex está moi ben, Dead Espace, o último Prince of Persia, The Conduit (mais ou menos, pero é un bo intento, esperemos que a segunda parte mellore), Monster Hunter 3 (¡XOGAZO!), Tiger Woods 11, Grand Slam Tennis, Red Steel 2, No More Heroes 2, Rogue Trooper…. non sei, pero dende o meu punto de vista estan a mellorar moito, ainda que é certo que é un pouco tarde.

    Certo é que se bota de menos un GTA ou algo así (houbo o intento con Bully, pero FAIL!!!), ou un RPG o estilo occidental como Mass Effect ou Dragon Age.

  6. skaltum di:

    O problema é que a maioría dos que mencionas,pódense xogar no resto das consolas cunha calidade moito mellor.
    Aínda así, debemos ter sempre en conta que a inmensa maioría dos consumidores de Wii son casual, así se explica a pouca aceptación que tiveron os dous No More Heroes, e as discretas ventas de The Conduit.
    Pero podémosnos consolar pensando nos xogos que sairán en Wii da máis pura old-shool, como Kirby e Donkey Kong.
    E xusto nestes clásicos recae toda a calidade da Wii, Marios,Metroid,Zeldas e agora estes.
    Pero claro, se miramos a relación entre xogos sacados á venta e xogos bos, o resultado non é nada bo.

Deixar un comentario