Novo gameplay de Vanquish

Por: Domingo, 4 de Xullo de 2010

Platinum Games, esa xenial compañía que nos agasallou o divertido Bayonetta , parece que pretende volver por todo o alto co seu novo, próximo e xa ben falado Vanquish.

Pouco a pouco comezan a aparecer máis novas sobre este frenético videoxogo, e despois de ver o seguinte tráiler parece que o xogo aburrido non vai ser:

Como vedes, non hai un só segundo de tranquilidade, disparos, granadas, saltos, luz… todo esto fai que o xogador se vexa inmerso nus combates dignos duns dedos áxiles, porque os poderes do protagonista fai que a velocidade e rapidez sexa un factor clave á hora de xogar.

Parece que o título está collendo forma, e recordemos que temos a garantía de Platinum Games.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario