Análise de Red Dead Redemption

Por: Domingo, 4 de Xullo de 2010

RDR 1

Está claro que Rockstar é a compañía absoluta en crear sandboxs, non só pola gratificante saga GTA, se non polo novo título que acaban de sacar que chega incluso a superar ao propio Grand Theft Auto, por suposto, estoume referindo a Red Dead Redemption, unha nova aventura que nos traslada o salvaxe oeste, e o de salvaxe no sentido máis literal da palabra.

Jonh Marston é o noso protagonista, que controlaremos ao longo dun enormísimo mapeado coa finalidade de atopar a un antigo amigo que a súa traizón fainos emprender esta gran aventura. A historia parece que non é o cumio da orixinalidade ( e é verdade ) pero está moi ben levada e narrada cunhas misións do máis interesantes e que nos fan avanzar e avanzar sen poder soltar o pad, e remata cun final moi digno, que todo hai que dicilo.

RDR3

Pero Red Dead Redemption non destaca polo seu argumento, se non pola súa estructura, e como seguro que xa xogastes ao GTA, xa podedes saber de qué vai isto, é decir, un enorme mapeado que poderemos recorrer ao noso antollo, escollendo entre as misións principais, ou adicarnos simplemente a explorar o amplo mundo co que nos atopamos ( asegúrovos que pasaredes moito tempo movéndonos dun lado a outro resolvendo misións secundarias,buscando obxectos,cazando…).

As misións principais fannos avanzar no argumento principal, e aínda que as primeiras son moi sinxelas e pouco espectaculares, a medida que adquiramos experiencia o conto cambia, e teremos que afrontarnos a misións con máis “chicha”. Aínda que certo é, que o nivel de dificultade non é nada complexo. Pero lonxe de parecerse aos típicos títulos de aventuras, Red Dead Redemption ofrece moito máis, moitísimo máis, xa que omundo aberto que nos ofrecen está cheo de cousas que facer, desde misións secundarias ( que incluso enlazan coa historia principal nalgún caso ), cazar calquera tipo de animal que atopemos para mellorar a experiencia e conseguir novas melloras, buscar tesouros agochados, atrapar a criminais, xogar o póker, botar pulsos, tomar algo nos bares… como vedes as opcións son variadísimas, e todo isto podémolo facer dendo o inicio polo que o aburrimento non vai aparecer.

RDR 2

Pero cómo facer que todo isto sexa aínda mellor?, pois cun apartado técnico que nos deixe a todos abraiados ata que o noso cerebro asimile que o que observan os nosos ollos é verdade, e como non, consígueo.

É verdadeiramente espectacular ver que semellante mundo estea detallada de tal maneira, cun movemento dos cabalos xamáis visto en ningunha consola, uns efectos de luz sorprendentes, un realismo plasmado na física moi bo e en xeral, un paisaxe completamente vivo. Xa que en pleno oeste podémonos atopar con persoas acampando, animais cazando, decenas de animaliños que se nos cruzan no camiño ( serpes, coiotes, aguias, panteras, osos, lobos, etc, etc ), uns bandidos atracando… todo se move, todo está vivo, nunca terás a sensación de estar só nalgún lugar, e conseguir isto nunha cidade é bastante doado, pero nun panorame desértico ten o seu mérito.

Pero tal alarde de tecnoloxía ten as súas pegas, xa que o título ten gran cantidade de “bugs”, que non afectan en absoluto á calidade global do xogo, pero que son molestos nalgúns casos, e algo de “popping” que é o prezo que hai que pagar por ter semellante mundo nas nosas disposicións.

RDR4

Con respecto á duración tampouco sorprenderá a ninguén, xa que como digno GTA, atoparémonos cun xogo moi, moi longo, chegando á vintena de horas facendo só as misións principais e alongándose esaxeradamente se nos paramos ( e debemos ), en accións secindarias.

Red Dead Redemption é do melloriño que podedes xogar ultimamente, e aínda que non é perfecto ( o protagonista non pode nadar, a dificultade non é moi alta, as misións tampouco son demasiado espectaculares ), é un título case abrigatorio para todos ( maiores de 18 anos ). Un protaGonista, o salvaxe oeste, unha vinganza, un xogazo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario