Xa teño falado deste esperadísimo título , pero agora volve ser nova, xa que os xeniais Level 5 anunciaron que tamén aparecería unha versión de este precioso xogo na consola de sobremesa de Sony.
Para os que non saibades nada deste xogo, só mencionar que está creado por unha das grandes compañías actuais como é Level 5, e que nos sumerxirá nun mundo precioso, cheo de cor, de amor, de vida … qué pode saír mal?.Non debe fallar nada.
Se non credes as miñas palabras observade o tráiler, o cal trae unha parte in-game, e decídeme se non vos trasmite unha certa sensación de calma e felicidade:
Tamén comentaron que esta nova versión para a Playstation 3 non será exactamente igual á de Nintendo DS.
Para rematar, decir que a versión portábel estará dispoñíbel o 9 de decembro en Xapón ( só espero que non se demoren demasiado en traelo a occidente) e que a versión de sobremesa non poderemos desfrutar dela ata 2011.
Toca esperar por un xogo que levo pensando nel dende que anunciaron o primeiro tráiler. E penso que non é para menos.