Banda sonora de Mario Bros con violín

Por: Martes, 22 de Xuño de 2010

Xa facía tempo que non vos traía ningún destos vídeos curiosos que che fan mirar á pantalla do ordenador ata que remata o clip, pois volvo con outra obra interpretada por un xaponés (quén se non?).

Existen moitos vídeos que tocan a banda sonora de Mario, e qué ten este en especial?, pois que toca o tema principal ao mesmo tempo que observa ao protagonista en pantalla. O resultado final é do máis simpático.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario