Resumo das conferencias de Nintendo e Sony

Por: Mércores, 16 de Xuño de 2010

Xa pasaron as tres conferencias máis importantes da feira do E3, e parece que a gran triunfadora foi a nova 3DS, e iso que non era ningunha sorpresa,pero vamos ver o que nos presentaron estas compañias.

Por parte de Nintendo comezaron forte (quizáis demasiado), xa que presentaron o novo Zelda Skyward Sword, no cal o propio Deus Shigeru Miyamoto controlaba a Link, aínda que a xogabilidade eré pésima, tanto que o protagonista respondía de forma independente do que lle mandaba o pad. Se isto vos parece esaxerado, direivos que Miyamoto colleu a ballesta de Link, a cal apuntou directamente ao chan, e o pobre do Miyamoto case non consegue apuntar correctamente. Aínda así, o título pode estar bastante ben, e o cambio ao Cell-shading danlle un aspecto visual máis colorido. Veremos en que remata, e esperemos que lle corrixan os erros:

Despois trouxeron unha selección de títulos como un remake de 007:Goldeneye (con gráficos propios da N64), Metroid, Golden Sun para DS (atención a este título ), un novo Kirby, no cal a bola rosa tiña un apartado técnico curioso, xa que só aparece o contorno de Kirby e avanza cun látigo. Pero para mín, o mellor de toda a feira foi a volta de Donkey Kong, cun apartado técnico moi bo e unha estructura en 2D que recorda aos clásicos. Promete.

Pero a verdade é que todo isto quedou a un segundo plano cando sacaron ao escenario nun pedestal á nova 3DS. Por suposto non puidemos ver como se ven as 3D (é imposíbel desde o ordenador), pero amosaron un tráiler de Kid Icarus no que demostraba que as súas capacidades técnicas medraron moito. Non como para chegar ao nivel de 360 ou Play 3 ( como dixeron ), pero sí chega á altura de Wii, o cal xa é un avanza bastanto grande (veremos algún día un título da calidade de Mario Galaxy na portábel de Nintendo?).

Referente ás pricipais características, cómpre destacar que lle engadiron un stick analóxico (por qué non queren poñer dous analóxicos nas portábeis?), que o deseño é moi parecido a anterior e que traerá dúas cámaras. Pero o que máis chamou a atención é a cantidade de compañías que desenrolará para esta consola, desde Capcom ( Resident Evil) ata Konami ( os cales traerán Metal Gear Solid 3 Snake Eater a esta consola, por fín algo que verdadeiramente sorprendeu).

Pouco despois tocoulle a Sony expoñer as súas novidades, e tampouco destacaron en moita cousa, a verdade.

Quizáis o que máis nos preocupaba era o prezo de Playstation Move, e despois de que provaran o accesorio ( parecía que respondía mellor que o Kinect), deron a noticia:

PlayStation Move + PlayStation Eye + Started Disc: 59,99 €
PlayStation Move: 39,99 €
Navigation Controller: 29, 99 €
PlayStation Eye: 29,99 €

Como novidade presentaron o que parece todo un señor truño de videoxogo que se chama Twisted Metal, e que nos propón unha guerra entre diversos vehículos. Non me chamou nada a atención, todo o contrario:

Pero moito ollo con este título do que falaron moi por enriba, Portal 2, e se xa se intuía de que chegaría a Playstation, agora certifícano cun tráiler que promete convertirse nun xogazo. Non creo que defraude:

 

Tamén amosaron un tráiler do novo God of War para PSP, un xogo no que se xuntaban os grandes clásicos dos plataformas como Ratchet, Clank, Jack, Daxter, Sly ( por qué van tratar así de mal aos grandes Jack and Daxter?), e tamén presentaron a segunda entrega de Infamous:

Sobra decir que pasei por alto algunha que outra cousa, pero o máis importante creo que foi o que vos amosei. Ireivos ampliando a información a medida que vaian saínd máis novidades.

Como vedes, ningunha das tres grandes compñías destacaron demasiado ( só a 3DS, e tampouco ensinaron demasiado).

Agora coa excusa do pre-E3, as grandes novidades e presentacións quedan anuladas.Unha pena.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Resumo das conferencias de Nintendo e Sony”

  1. AmilGZ di:

    Xenial o vídeo do Metal Gear Solid da 3DS, e non só polo xogo… Non, en serio, estou desexando ver como son os 3D na realidade, para ver se realmente pagan a pena.

    Goldeneye foi un dos meus xogos favoritos, un remake para a DS pode ser moito! E o Zelda, como sempre, non vai decepcionar, aínda que prefira os gráficos máis realistas ao Cell Shading.

  2. skaltum di:

    O vídeo de Metal Gear é verdadeiramente curioso, xa que parece máis un Ninja Gaiden que a clásica saga de MGS (sacrificarán á infiltración?,esperemos que non).
    Por certo, o remake de Goldeneye é para a Wii, e os gráficos eran realmente malos para os tempos que corren. Aínda que tamén teño que mencionar que pasei moitas horas xogando ao título da grande N64,buuf,vaia multixogador,vaia piques cos colegas…
    Pero eu vólvome reiterar en que a gran sorpresa foi o novo Donkey Kong,parece do máis divertido que apareceu na feira, e o tráiler ten unha pintaza.Xa o vín unha chea de veces xD.
    Saúdos e grazas por comentar.Sempre anima xD.

Deixar un comentario