Está claro que a gran protagonista destos días é a nova portábel de Nintendo, e se xa anunciaron un cento de remakes como Zelda Ocarina of Time, Mario Kart o Star Fox, agora podemos ver en primicia (sempre quixen decir esta frase) o gameplay do mellor Metal Gear da historia na 3DS.
Por suposto non podemos comprobar a calidade das tan faladas 3D, pero gráficamente é moi bo ( comprobado que estamos ante unha consola nova, non a asociemos coas anteriores DS, por favor), e o vídeo demóstrao.
Que ganas de comprobar como se ven as 3D.
Parece que esta vez Nintendo puxose as pìlas co púbrico hardcore. Bos gráficos, 3D, e xogos coma dios manda
Debemos recordar que Nintendo sempre foi pioneira, e moitísimo máis nas portábeis,pero si que é certo que nesta xeración só atendeu aos casual-gamers,cousa que castiguei desde un principio.
Esperemos que comece a cambiar o conto, e máis tendo en conta unhas declaracións de Nintendo dicindo que a 3DS non sería apta para menores de sete anos debido ás 3D.Percataríanse de que moitos dos consumidores da NDS ten esta idade?