microsoft e3

Se recordades, o ano pasado Microsoft foi o principal protagonista de toda a feira, todo debido a unha espectacular conferencia,porén, a de este ano só ten un definición: frustración e aburrimento,moito aburrimento.

Para saciar as ansias dos hardcore-gamers, ao principio da súa conferencia puxeron uns tráilers dalgúns dos xogos que xa todos contabamos que estivesen alí presente, como Gears of War 3 ( atención á nova Berserker Lambent), Metal Gear Solid :Rising (que non se víu nada de infiltración,só acción pura e dura),Halo Reach ( segue sen chamarme absolutamente nada), Fable 3 ( pasábel ) e CoD: Black Ops ( que está bastante ben, aínda que niguén conte con que chegue á calidade dos Modern Warfare).

Unha vez que amosaron estos vídeos (in-game a maioría ), chegou a hora da frustración, a decepción, xa que comezaron a falar da Xbox Live ( non me chamou nada a atención ) e despois, como non, tocoulle o turno ao Kinect ( aínda que para mín sempre será Project Natal).

Así, o resto da conferencia, das dúas horas de conferencia , falaron deste aparello, dos seus xogos casuals ( todos dun estilo moi Wii ), das súas funcións, como videochat con varias persoas, etc.Nada máis.

Así, o que eu resumín nun párrafo,(porque non hai moito máis que contar), eles botaron hora e media adormecendo ao público, e cómo espertalos?, pois presentando a Xbox Slim e agasallando unha a cada persoa que estaba alí presente. Isto si que é saber mercar ao público.

Xa vedes, ningunha sorpresa nesta primeira gran conferencia, e dubido que as próximas sexan peores que esta, porque é verdadeiramente complexo superalo.

Proximamente irei ampliando algunha destas noticias (aínda que por agora non atopei nada verdadeiramente salientábel),pero como xa dixen.Frustración.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Resumo da conferencia de Microsoft na feira do E3”

  1. An di:

    compadezoche polo tempo perdido XD Saúdos

  2. skaltum di:

    Eu que esperaba algo como o ano pasado,e o resultado foi un evento destinado aos casuals.
    Eu xa sabía que a camariña esa que se sacaron da manga non ía traer nada bo.
    Certificación vereficada.

Deixar un comentario