A anterior entrega de Fallout gustoume bastante,cun mundo post-apocalíptico,liberdade para facer o que queiras e misións secundarias moi be levadas. Pois New Vegas promete máis do mesmo, e refírome máis do mesmo porque esta nova entrega é case idéntica ao anterior capítulo, así que, contade cunha historia nova e polo de máis, algo moi similar o seu predecesor. Mesmo apartado técnico,mesma estructura…
Aínda así, está claro que vai ser un xogo tan bo como o anterior, e eu xa me conformo.
Como comentas, si é tan bo como o anterior xa chega. Fallout 3 encantoume, en todos os aspectos, pero sobre todo pola ambientación postapocaliptica.
Para min este e a saga Half Life son os meus xogos favoritos.
Si que abonda que sexa como o anterior, pero como consumidor sempre debo pedir máis melloras…
Por certo,aparecen e desaparecen rumores sobre unha terceira parte de Half Life,veremos para cando é.