Non me digades que non mola unha aventura, con gráficos coloridos, ambientación fantástico-preciosa e acción frenética, pois isto é máis ou menos o que promete ofrecer Ensalved, o novo título de Ninja Theory (mentres non saibamos nada da quinta parte de Devil May Cry ).
Ensalved promete, e o tráiler non fai máis que demostralo. Esperemos que non se volva un xogo demasiado repetitivo, aínda que só no tráiler vemos persecucións a grande velocidade, patinamos por enriba da auga e loitamos contra diversos inimigos…alguén da máis?