Split Second vs Blur

Por: Domingo, 6 de Xuño de 2010

Split Second 1

É curioso como fixeron coincidir estos dous arcades de conducción na súa data de saída, competitividade?,por suposto,pero neste caso creo que hai un claro gañador.

Aínda así, comezarei a facer un breve análise de cada título.

Split Second toma como referenza a Bornout,polo tanto podedes esperar o mesmo e espectacular apartado gráfico, unha sensación de velocidade que impacta e sobre todo, unha espectacularidade que xamáis atoparedes noutro título.

Así, teremos que chegar primeiros á meta ( que raro non?), pero para isto podemos interactuar co escenario para destruír aos nosos rivais,deste xeito podemos facer que un camión cisterna estoupe, que un helicóptero ataque ou que todo un edificio se derrube xusto cando o resto dos competidores pasen por debaixo.Impresionante non?, pois imaxinádevos se xogades acompañados dun compañeiro,non daredes parado.

Pola contra, Blur bebe (ou iso intenta ) doutra fonte, quere convertirse nun Mario Kart realista, pero non lle chega nin a sola do zapato. Aínda así, nos escenarios atoparemos diferentes ítems que empregaremos para destruír o resto dos competidores, aínda que resulta un pouco frío.

Pero mellor,pasemos a comparar man a man  os dous videoxogos.

Se falamos do apartado técnico, Split Second é moi superior, e vese desde a primeira partida, cuns efectos de luz impresionantes e unha sensación de velocidade só comparábel a do propio Bornout. Porén, Blur peca dunha ambientación demasiado escura e moito máis fea, pero o gran lastre que arrastra é que nas carreiras non soará ningunha música, ningunha banda sonora, só o ruido dos motores, detalle que podería entender nun simulador, pero xamáis nun título arcade. Ademáis non podemos comparar o detalle dos circuítos de Split Second coas simples e monótonas pistas de Blur.

blur

Se nos referimos á xogabilidade, Split Second volve a machacar a Blur, xa que neste aspecto o primeiro xogo presume dun manexo arcade pleno ( moi similar a do Bornout, outra vez ), pero que fai que cada derrape sexa unha delicia para os nosos ollos. Pola contra, a xogabilidade de Blur é moito máis complexa, factor que pode facer do título máis profundo, pero necesitaredes moito máis tempo para acostumarse ao control, xa que detalles como mirar atrás para lanzar unha bomba faise demasiado engorroso, sobre todo a pantalla partida.

En canto á diversión, que é o verdadeiramente importante, eu teño moi clara a miña elección, Split Second come a Blur en todos os aspectos, aínda que ten varios puntos negros, como os longos tempos de carga e a limitación a dúas persoas a pantalla partida, mentres que Blur permite ata catro. Split Second tamén debería ter un apartado Campeonato en pantalla partida, e así evitar tanta elección de escenario, aínda que todo isto esquecerédelo cando vos poñades a controlar algún dos seus vehículos, espectacularidade e diversión pura e dura.

É curioso como un xogo que apenas se falou del, nin se hypeou, chega a converterse nun dos xogos de conducción máis divertidos que probei na miña vida, todo o contrario que acontece con Blur, do que se leva falando desde xa fai ben tempo para un resultado bastante frío.

Se podedes probar Split Second, non o dubidedes.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Split Second vs Blur”

  1. Leo di:

    Completamente dacordo. Non os xoguei nin en PS3 nin XBOX360 (por desgracia, consolas "modernas" so teñó a Wii), pero probeinos en PC. E moi certo que Blur non é mais que unha versión adulta de Mario Kart (este último é 50 veces mais divertido). Split Second gustoume moitismo mais, e como comentas, os escenarios son moito mais completos, e as explosións e eventos que presencias fanno un título moi atractivo.

    A pesares de todo eso, como xogo de conducción quedome claramente con GRID ou NFS Shift. Haberá que esperar a ver si non a volven a cagar coa nova entrega de Driver (penso que será un fracaso vendo os videos colgados con ese novo modo de teletransportación)

  2. skaltum di:

    O GRID é bastante divertido ( aínda que persoalmente sígome quedando co Split Second)e o tema dos NDS xa é algo máis complexo.
    Eu comecei sendo bastante fan de NFS, e non sei cantas horiñas da miña vida teño pasado diante do NFS Underground,cunha segunda entrega tamén moi boa, pero despois vín como esta saga viña a menos, caía en picado, e creo que caeu ata o chan.
    Despois comezaron a vir unha serie de títulos que pretendíamn ser medio simuladores que non me gustaron nadam e estos últimos xa non quero nin falar deles porque quedei aínda máis frustrado.
    Volverán revivir esta saga?volverán aos inicios?,oxalá,pero…

Deixar un comentario