Anunciado Red Faction: Armageddon

Por: Sábado, 5 de Xuño de 2010

Red Faction 2 2

Volition será a encargada de traer a segunda entrega de Red Faction , detalle que xa se presumía,ademáis sabendo que THQ dixera que tiña planeado traer varias secuelas dalgúns dos seus títulos.

Personalmente, a primeira entrega gustoume bastante e teño esperanza que esta continuación siga a súa estela. Polo de momento sabemos que Marte tivo un cambio ambiental e teremos que enfrontarnos a bechos extraterrestres, e se lle sumamos que as imaxes demostran que a ambientación será moito máis escura, parece que o título se asemellará máis ao Dead Space, mantendo as lonxitudes por suposto.

En principio poderemos desfrutar del, no primeiro cuatrimestre do próximo ano.

Aínda así, esta noticia dame que pensar xa que…queda algún anuncio que se vaia presentar na feira do E3?,porque están saíndo todos á luz nestas semanas, como Gears of War 3,anunciado inFamous 2,Red Faction 2,3DS,etc,etc.

De verdade sorprenderán con algunha outra novidade?,esperemos que si,pero xa comezo a ter as miñas dúbidas,pero poderémolo ver na próxima semana.

Red Faction 2

Red Faction 2 3

Red Faction 2 1

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario