En plena época de exames e aínda por enriba leo unha nova que me encolle o corazón. Todo nace a trevés dun rumor ( bastante fiábel polo que pareza aínda que eu aínda conservo as miñas esperanzas), que sae da revista PSM3, e que informa que Capcom podería non ter previsto lanzar a quinta incursión de Dante nas consolas.
Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Non só iso, se non que van aínda máis aló mencionando que nin sequera teñen previsto lanzar ningunha información, nin presentación, e se o fan, acontecería o que xa fixeron con Resident Evil 5, é decir, presentación e saída ao segundo ano. Non me fío, ou non me quero fiar destos rumores que saen, pero non deixa de deixarme algo desilusionado, xa que como ben sabedes a saga Devil May Cry é unha das que máis me marcou desde aquela insuperábel primeira parte.
Só espero que se isto é certo, sirva para que Ninja Theory faga un xogo a verdadeira altura que merece esta saga, e non como o Heavenly Sword,que moi prometeron e ao final….. nada de nada.