Bonita homenaxe á NES

Por: Sábado, 29 de Maio de 2010

Eu teño moi claro, se hai unha enquisa sobre as consolas máis recordadas, estou completamente seguro que entre as primeiras estaría a mítica mística  consola de Nintendo, NES.

Pois un grupo de persoas decidiron facerlle unha merecida homenaxe a esta plataforma, e a pesares de que non usan a última tecnoloxía, nin aplican as últimas versións informáticas, o resultado é verdadeiramente bo.

Pode ser que o meu veredicto estea condicionada pola lembranza que me provoca esta consola, pero 120 horas e unhas 7000 fotografías que se empregaron poden facer un resumo do que foi esta gran consola.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario