Análise de Alan Wake

Por: Venres, 21 de Maio de 2010

Xa pasaron uns catro anos dende que se presentou por primeira vez este título exclusivo para Xbox 360, e por fin, despois de tantos e tantos retrasos, conseguíu chegar ás estanterías das tendas. Conseguíu manter as expectativas que prometeron?.Nun cómputo xeral si, pero condiferentes matices.

Para os que non sabedes nada deste videoxogo, aclarar que se trata dunha aventura en terceira persoa , na que controlaremos a Alan Wake, un escritor que está pasando por unha crise de creación literaria, polo que decide marcharse coa súa dona a unha pequena vila para atoparse consigo mesmo. Pero pronto descubrimos que este lugar de descando acábase convertindo en todo o contrario.

alan wake 1

Non farei “spoilers” sobre a historia do título,pero si engadirei que o propio argumento é un peso pesado para facernos avanzar, e non só a trama, que consegue enganchar ao xogador dende o inicio, se non polo ben contada que está. Así, a medida que vaiamos avanzando polos decorados, iremos atopando páxinas que nos narran acontecementos que nos sucederán nun futuro próximo,ademáis, cada vez que o protagonista entre nunha casa abandonada ou lugares característicos,escoitaremos o que está pensando o propio Alan Wake ,facéndonos introducir aínda máis no videoxogo.

Pero claro, aquí temos o primeiro pequeno problema, xa que todas estas páxinas que imos recolectando ao longo de toda a historia, non son outra cousa que “mini-spoilers” do que acontecerá despois, polo que pode haber xente que non lle guste este método para narrar a historia,aínda que sempre temos a opción de non lelos.

Así avanzaremos na historia ao longo de seis capítulos, que dende logo deixa con ganas de máis, xa que entramos no mesmo aspecto negativo que teñen a maioría dos videoxogos de agora, a duración e a dificultade. Seis capítulos que abarcanunhas oito horas ( se vas ao tolo, menos ), non son suficientes para un xogo que leva tantos anos de desenrolo, e se a isto lle engadimos que a dificultade é moi pequena… recoméndovos que o comecedes no nivel Difícil, e aínda así non teredes ningún problema en pasalo, asegúrovolo.

Pero falemos do desenrolo da aventura.

alan wake 2

En Alan Wake diferenzamos dúas partes remarcadas, as fasese de día e as fases de noite ( o verdadeiro corazón do título sen dúbida). Nas primeiras controlaremos a un Alan Wake que simplemente terá que investigar pequenas zonas na vila, falando cos seus habitantes,lendo carteis, etc, pero donde verdadeirmente destaca Alan Wake é nas noites.

Aquí todo cambia, e avanzaremos poe escenarios que en ocasións manterán ao xogador en tensión, e teremos que facer fronte a persoas posuídas pola propia escuridade, e como as derrotamos?, pois primeiro debemos quitarlle o poder escuro que os envolve aplicando luz sobre eles, e unha vez cumprido este obxectivo eliminarémolos con métodos tradicionais, a tiros.

Así, o que parece un método moi lioso, acábase convirtindo nalgo do máis divertido, polo que Alan Wake sempre estará equipado cunha lanterna e outras armas de lume.

Pero aquí aparece outro punto negativo do xogo, e nonn é outra cousa que a pouca variedade de armas que podemos usar ( pistola,escopeta,rifle de caza,lanzabengalas,granadas de iluminación, e creo que non me falta ningunha por mencionar). Houbera estado moito mellor un número máis amplo de armas para aumentar a variedade nos combates.

Aínda que esta falta de variedade tamén se pode aplicar aos escenarios,ya que pasamos case toda a aventura no bosque,con pequenas variacións, eso si, como algunha cabaña ou minas, e tamén podemos aplicar isto aos inimigos, que nos atoparemos cuns cinco diferentes,número bastante curto para un título como este.

alan wake 3

Pero a pesar desta “aparente” monotonía do escenario, non chega aburrir en ningún momento, e por qué?, pois polo potente apartado gráfico. O bosque está recreado estupendamente, o nivel de detalle é espectacular, os efectos de luz son verdadeiramente sorprendentes e a física é digna de eloxio, xa que ver como se moven todas as plantas cada vez que Alan as roza ou toca, é moi satisfactorio ( unha pena que isto non aconteza coas plantas máis pequenas ). Así, atopámonos cun escenario vivo,con árbores movéndose polo aire e a escuridade sempre pendente para atacarnos.

Comentando o apartado tecnolóxico non podemos deixar pasar por alto a dobraxe, un dos mellores que escoitei en moito tempo, digno de mención.

En difinitiva, Alan Wake é un xogo moi bo, non cabe dúbida,pero estos problemas de falta de variedade, ou detalles como os saltos do protagonista que parecen sacados dos 16 bits polo robóticos que parecen, podíanse haber solucionado, e máis sabendo que Remedy Games, a desenroladora,retrasouno innumerábeis veces, presumimos para paliar estos erros.

Pero tranquilos que o título non aburre en absoluto e é moi recomendábel se tedes unha Xbox 360.

 

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Análise de Alan Wake”

  1. An di:

    Loxicamente existen milleiros de xogos os que non xoguei nin xogarei…dáme a min que este vai ser un deles. Saúdos

  2. skaltum di:

    Pois se tes unha Xbox 360 é unha moi boa opción a ter en conta,non defrauda se che gustan este tipos de videoxogos.
    Iso si,se tes que escoller está o Red Dead Redemption unha auténtica obra de arte en todos os seus aspectos.Que bos son os de Rockstar.
    Proximamente teredes o seu análise aquí.
    Saúdos e grazas por comentar

  3. An di:

    O detalle é que a última consola que merquei foi a sega Saturm XD SAúdos

Deixar un comentario