Rockstar non se digna a facer calquera trapallada e parece que o volverá demostrar no seu último traballo.

Normalmente non me fío de ningunha calificación numérica, pero GameInformer foi a primeira revista en facerlle un análise, e cal pensades que foi?, pois un gran 9.75.

Volvo repetir que non ten nada que ver esta notificación, pero mellores gráficos que o propio GTA 4, sistema de cubertura tan eficaz como tal, variedade de misións, espectaculariedade,etc, etc, quizáis poida estar acertada esta nota, pero como sempre ata velo cos meus propios ollos, só esperanza e nada máis.

Red Dead Redemption

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Primeira nota de Red Dead Redemption por parte de GameInformer”

  1. Leo di:

    Agora so toca esperar un ano para que saia en PC… aver si convencera a parenta de pillar unha XBOX (Sony paso)

Deixar un comentario