Máis ou menos todos sabemos que o festival de cine de Cannes presenta algunhas das mellores cintas do ano, pero moito me temo que non vai ser o caso desta noticia.
Todo xorde á raíz dunha fotografía tomada nun dos edificios de Cannes:
Vale, xa sabiamos que estaba confirmada esta película e que os protagonistas da adaptación cinematográfica de Kane & Lynch serían Bruce Wiilis ( eu prefiro chamalo Jonh McClane ) e Jamie Foxx respectivamente.
Pero o verdadeiramente curioso é que o festival de Cannes vai desde mañá ata o próximo 23 de maio e o filme de Kane e Lynch non se comezará a rodar ata o mes agosto. Non vedes algo raro aquí?, que pretenderán presentar en Cannes?
Supoño que sobra decir que non teño fe ningunha neste proxecto non?, pero quén ten preferencia nun filme que ten como título o nome dun videoxogo?