Xa fai tempo que os xogos de condución non pasan por este recuncho, pero é que tampouco rechaman nada no panorama actual, e despois de saber que o eterno Gran Turismo 5 aínda está polo 90 %, (cando sairá?,non o sabe ninguén, parece que se rín de nós), é mellor tirar polos arcade ( eu xa sempre fun destes), e un título que alumbra nos futuros lanzamentos é Split Second.

Velocidade, golpes a patadas, gráficos bos… esto é todo o que nos vai ofrecer este título, pero para darlle máis emoción incluso poderemos ( e teremos ) que esquivar os proxectís que nos mandan os helicópteros.

E hai algún problema?, ningún, se hai que atravesar edificios, chocar cos demáis, esquivar bombas, chegar primeiros…pois fáise e punto.

E aínda non lle tedes ganas?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Esquivar artillería de helicóptero en Split Second”

  1. Leo di:

    Autentico Xogazo!!!!

Deixar un comentario