Hai mellor noticia que esta para os usuarios dunha PSP?, pois por suposto que non, porque anunciouse oficialmente unha nova entrega de God of War para esta portábel, e aparece co sobrenome de Ghost of Sparta.
Polo de agora non se sabe demasiado, só que haberá novas maxias, unha duración maior que a anterior entrega e un sistema de armas mellorado. O argumento situaranos entre o God of War 1 e 2, e por se queda algún escéptico con este título, tranquilos, porque esta nova entrega volve da man de Ready at Dawn Studios colaborando con Santa Monica Studio, así que a calidade está asegurada.
Se o mellor xogo do catálogo da PSP é o propio God of War: Chains of Olympus, case estou por asegurar que cando chegue este novo capítulo, vai ocupar o segundo posto, porque conforme traballan estas persoas, creo que van ser moi capaces de superar o seu prepio xogo.
Teremos máis información no próximo E3, e xa o quero ver en movemento.
Boas!
Haberá que ver!
Se vai sair outro GoW pra PSP de seguro que me fago con algunha copia! Xoguei ó anterior e a verdade non sei se será o mellor xogo da PSP, pero ben podería selo!
Grandísimo blog, encántame que exista este proxecto en galego. É perfecto, meu! Moi ben! 😀
Desde logo, para mín o primeiro God of War da PSP é do melloriño que se pode atopar en todo o seu catálogo, e estou case seguro que esta segunda entrega vai igualar, se non superar a Chains of Olympus.
É raro que Kratos defraude.
Pois moitas grazas por pasarte por este recuncho no que pretendo falar da actualidade dos videoxogos.
Espero verte por aquí algunha vez máis.
Saúdos.