Non se pode negar, que aínda que Mario ten gran capacidade para realizar saltos longos, altos, mortais, etc… en todos os seus xogos hai algo que lle axudan constantemente nas súas aventuras.
Claro que sí, as SETAS.
Pero aínda que nos últimos títulos do fontaneiro aparecen novos poderes, aínda podería ter moitas máis variedade.
Algún dos exemplos poden ser os seguintes.
Non me negaredes que algún deles é do máis curioso, e os que me seguides sabedes que estas cousas todas mólanme tanto que non dou evitado postealas aquí para amosárvolas.
Mario Wikipedia?,Mario Tree?Mario Bowser? Mario Dragon Ball?, imaxinade o poder de este último no xogo de Super Mario. Que Mario se convertese en rubio e poidese mandar ondas vitais aos inimigos e incluso fusionarse con Luigi para máis poder…
Mario non ten "setas", ten "cogomelos". As "setas" son frechas, os "cogomelos" son os fungos comestíbeis.
O blogue é moi bo, sígoo sempre aínda que non comente. Continúa así.
Pois tamén tes razón,estarei estando absorvido pola maioría?, esperemos que non xD.
Tamén é certo que nos xogos do Mario non aparece a palabra cogomelo, pero estaría ben unha dobraxe ao galego.
Soñar é soñar.
Grazas pola túa presenza que xa facía ben tempo que non escribías nada.
Saúdos
Boisimos. Saúdos