Satisfación “gamer”

Por: Domingo, 2 de Maio de 2010

Só hai algo que gusta máis a un videoxogador profesional que xogar ao Tetris en nivel quince mentres escoita a banda sonora de Mario, e non é outra cousa superar o récord mundial dalgún videoxogo.

E refírome a récord mundial a deixar incluso en xaque á propia máquina. Pois isto foi o que fixo un señor dos seus cincuenta e pico anos co Bejeweled 2, clásico xogo de unir diamantes.

Pois este heroe humano ( aínda que cerebro pixelado ), tivo os santos “eggs” de pasarse este título despois de 2205 horas, e obtendo nada máis e nada menos que 4.872.229 xoias. Alguén da máis?.

E para rematar a faena, o propio marcador non daba asimilado tal cantidade e púxose en negativo. Seguro que esa noite durmeu cunha satisfación e tranquilidade indiscriptíbel.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario