Cantas horas tedes pasado diante desta marabillosa e inolvidábel consola?,seguro que non sodes quén de contalas porque a mín pásame o mesmo. Pois imaxinade poder ter todos eses xogos en calquera lugar.Vale, xa sei que existen diferentes aparatos que o conseguen, pero o que vos presento hoxe ten cualidades que o fan único.
O proxecto ven da man de Bacteria ( páxina na que se nos amosa a maneira de portabilizar consolas como Dreamcast ou a mesma PS1 ), e ten o nome de Into 64. Estaredes pensando por qué esta “consola” é única, pois porque incluso ten a posibilidade de poñerlle un Rumble pack, altavoces integrados, ranuras de expansión e ata saída de vídeo para conectala á unha televisión.
Flipando estou co “aparatillo”, e se tedes o que hai que ter, podedes seguir este tutorial en forma de vídeo para construirvos a vosa propia Into 64.
Por certo, creo que tedes que ser algo mañosos.
jajajajajaja, fantastica, si yo lo intentase solo me encontraria con muchas piezas y cables sin sentido. Saúdos
A mín pasaríame o mesmo, pero imaxínate por un momento que o chegases a conseguir, non só terías a satisfación de construír a túa propia consola, se non que poderías rememorar grandes clásicos.
Que bos recordos me trae o Banjo Tooie.