Moito está dando que falar este título, e a decir verdade non é un dos que máis ganas lle teño, máis que nada porque a primeira entrega non me acabou de convencer, demasiado repetitivo para o meu gusto.
Os seus creadores catalogaron Dead Rising como “ demasiado xaponés “( referiránse a este aspecto monótono? ), non estou seguro, pero se esto sirve para que engadan variedade á esta segunda entrega estarei agradecido. E polo que se ve neste vídeo parece ser que farán aparición máis personaxes que no xogo anterior, conseguirán así darlle máis profundidade?.
Si, xa sei, demasiadas preguntas, pero é que este título faime preguntar moitas cousas, e todas elas serán respondidas o 3 de setembro, que será a data de lanzamento tanto para Xbox 360 como para Playstation 3.