vvvvvv, xogazo flash

Por: Xoves, 15 de Abril de 2010

Cun estilo indi-retro chéganos este xogo flash na que a gravidade é bastante relativa, así, tanto poderemos andar polo chan como polo teito, traendo consigo unha diversión difícilmente igualábel, e obrigándonos sortear os diferentes inimigos que vexamos neste plataformas.

Como vedes, os xogos independentes continúan arriscando, e traéndonos pequenas xoias que a xente non parece valorar, pero pídovos unha cousa, probade este xogo aquí, e decídeme se sodes capaces de deixar de xogar ata o final.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario