Tráiler de Brink

Por: Xoves, 15 de Abril de 2010

Este xogo promete moito, e o vídeo que vos amoso a continuación consegue o seu propósito, que non é outro que o de sorprender ao aspectador. E a decir a verdade, lógrao grazas a súa mestura entre FPS e Assassin´s Creed. Como escoitades. Mirade e saberedes a que me refiro.

Pero claro, temos que ser conscientes de que estamos ante unha simple CGI, a cal non nos dí nada do que pode ser o xogo real, e honestamente , non me gusta o seu aspecto gráfico. Demasiada bonecada.

Tamén dubido moito que dentro do xogo se poidan facer as virguerías que vemos no vídeo, e supoño que acabará sendo un shooter máis do montón, pero co aliciente de tentar ser algo espectacular.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario