Devil May Cry

Moitos poderedes coñecer a Ninja Theory por crear Havenly Sword, título que non foi o que se esperaba del, pero aínda así engatusou a bastante xente. Pois esta compañía xa dixo fai tempo que estaba desenrolando un xogo en secreto que ía ser algo “grande” e “espectacular”.

Pois ben, agora, e por suposto sendo tan só rumores, rumores e rumores, a revista Game Informer afirma que este videoxogo secreto é un novo título de Devil May Cry.

“Din as malas línguas que Ninja Theory está traballando en dous xogos, e nós escoitamos que a desenroladora Cambrigde Inglaterra foi chamada para facer o próximo Devil May Cry.

Aínda así,non é algo inesperado, porque Capcom xa dixo, que aínda que está escapando das desenroladoras occidentais para as súas novas IP, seguirá facendo uso delas para as franquicias xa coñecidas”

Gran noticias para mín e para todos os amantes dos bos xogos de acción, e aínda que o mellor título da saga continúa sendo a primeira parte, sempre mola volver a controlar a Dante, que por certo, espero que Nero quede nun segundo plano, que non ten nin comparación coa chulería e carisma de Dante, fillo de Sparda.

Agora só queda que Capcom recupere a saga Onimusha, pero isto xa é soñar demasiado.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario