Cooperativo para 4 persoas en Gears of War 3

Por: Martes, 13 de Abril de 2010

gow3

Buf, xa dixen que contaba que aparecesen noticias sobre Gears of War 3 estos días, pero é que aparecen novidades cada media hora, e demóstrao esta publicación que fixo o propio CliffyB no seu Twitter, na que nos informa que a terceira parte de GoW aguantará un cooperativo de catro persoas no seu modo historia, e con isto digo, hai algunha noticia mellor que esta, para este título?, para mín, e honestamente están engadindo os detalles que lle faltaban os seus predecesores, só teño medo nese cambio do sistema de cubertura, algo insuperábel que tiñan os dous primeiros títulos.

Para completar a noticia, tamén se sabe que a data definitiva de saída será o 8 de abril, e que a historia estará baseada 18 meses do acontecido na segunda parte.

Suando estou pola longa espera que me toca.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario