Onte xa presumía eu que ían comezar as presentacións hypeantes de información da terceira entrega de Gears of War, e cumprindo este feito, xa podemos ver a carátula final do xogo e o teaser-tráiler, para deixarnos os dentes longos.
Con relación á carátula, diría que non é tan espectacular como podería chegar a ser, pero sen embargo, déixanos claro que volverá ser un título só para adultos, con sangue e crudeza por todos os lados ( e decir verdade isto non se dixo, pero é bastante lóxico que continúe coa estela das dúas entregas anteriores).
E falando do tráiler, parece que se lle vai dar máis importancia a Dom, o que vemos degradado e desfeito pola relación coa súa muller. Por suposto, volvemos ver a Marcus, sempre axudando ao seu compañeiro e pelexando con eles unha muller-soldado que parece que lle vai poñer as cousas difícles as Locust. E todo o grupo de Gears, no medio dunha batalla na que os Locust atacan por todos os flancos, e para deixarnos coas ganas, preséntanos un novo inimigo que dubido moito que sexa moi amábel con nós.
Está claro que o vídeo é do máis hypeante que podemos atopar,pero consegue deixarnos con ganas de máis ( normal, tendo en conta os seus predecesores ), pero aínda teremos que esperar un anazo para probalo. Espero ver outro tráiler no E3, e se fose gameplay xa sería do mellor, pero non creo que sexa así, contade con outro vídeo similar, para deixarnos aínda máis emocionados.