respawn

Por fín a noticia que esperaba desde fai ben tempo, porque honestamente, dame igual que Activision pelexara con Infinity Ward, nin me interesan os motivos , nin toda a telenovela que se montou ao redor deste feito. O único que realmente me interesa é cal vai ser o futuro dos ex-membros de Infinity Ward, e gora por fín dispoñemos desta información.

Pois finalmente aliáronse con EA e fundaron Respawn Entertainment, e aínda que actualmente buscan xente, supoño que lle sobrará personal, porque visto á fama que acadaron grazas aos pedazos xogos que sacaron, seguro que lle choven profesionais por todos os lados.

Así que o único que queda é que se normalice esta situación e non decaia o nivel de calidade dos seus títulos.

Tedes fe neles?, eu case lle dou o meu voto de confianza, a ver en que remata.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario