Comezan os rumores de Gears of War 3

Por: Luns, 12 de Abril de 2010

gears of war..

Desde que se fixo eco de que a terceira entrega de Gears of War sairía en abril de 2011, xa me tardaba que non comezasen a percorrer a rede pequenos detalles rumoreados sobre as posíbeis novidades deste xogo.

A novidade máis significativa é o posíbel cambio no sistema de cubertura, e isto debido a aparición dun tipo de inimigos que son capaces de sacarnos da nosa tranquila cubertura grazas a unha especie de tentáculos. Ademáis, xa se falou de novas armas, como a que nos permite disparar explosivos a través do chan para atacar aos Locust escondidos.

Como condimento, os días anteriores deixaron caer que esta terceira entrega estaría baseado nunha estación calurosa, e que haberá unha fase submarina. Esto último alégrame moitísimo, porque desde a primeira entrega xa lle decía aos compañeiros que me gustaría ver a Marcus debaixo na auga, e parece ser que teño unha posibilidade de que se cumpra esta premonición.

Como vedes, xa comezan a verse rumores do que pode chegar a ser o Gears of War 3, e presumo que nos posteriores días continuará así.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario