Análise de Final Fantasy XIII

Por: Sábado, 10 de Abril de 2010

FF 13 1

Square-Enix saca a decimo terceira entrega da súa saga máis prolífera, pero é ralmente o que todos agardabamos?, pola miña parte véxolle moitas pegas, quizáis demasiadas.

O primeira do que vou a falar é da súa historia, que non sendo mala, non acaba de gustar, e quizáis sexa porque non está ben narrada. Explícome. Normalmente, e na maioría dos JRPGs, a historia vaina construíndo o propio protagonista, falando con centos de persoas, investigando, etc, pero nesta entrega de Final non acontece isto, e aparte de que non existe nin un só pobo ou aldea coa que falar coa xente ( algo que non concibo ), a historia está escrita nun submenú na que temos que acceder para ler o que acontece, e asegúrovos que nas primeiras horas longas non vos ides estar enterando de moito. Isto xa é un lastre que arrastra en toda a aventura, que aínda que te acabas acostumando ( que remedio queda ) quítalle moita profundidade á súa narración.

Pero non só iso, xa que os personaxes non están ben implementados no marco da histora, carentes de carisma e personalidade na que como moito pódese salvar un ou dous. E outra cousa que non favorece a este apartado é o método no que se desenvolve a historia, xa que se noutras Final Fantasy controlabamos a un só protagonista, o cal medraba, maduraba, aprendía… ao longo de toda o videoxogo, aquí estamos cambiando constantemente de protagonista, e cada media hora fannos controlar a outro personaxe, e lonxe de collerlle cariño a un dos heroes, rematas colléndolle a manía a todos.

FF 13 3

Aínda así, hai momentos moi épicos que son dignos de ver, pero que non fan que o resultado global sexa mellor. E por qué non?, porque o desenrolo é o máis lineal que ides ver nun videoxogo. Olvidádevos de investigar, xa que o único que teredes que facer é avanzar cara adiante, e non esaxero absolutamente nada, o mapa é un corredor recto na que teremos que cruzalo para chegar ao final, e empezar outro corredor. Teño pensado facer un artigo sobre porque a linealidade nun xogo non ten porque ser malo, pero nun xogo de rol destas características non se pode ver a linealidade como algo positivo.

E por isto e a súa pequena dificultade, souben a idea que tiña Square-Enix, abrirse ao mundo casual e atrapar aqueles que nunca xogaran aos Final Fantasy, porque eran ben conscientes de que os seguidores habituais desta saga mercarían o título sen pensalo.

Xa que falei da dificultade, teño que explicar a metodoloxía dos combates. Nos combates só poderemos controlar ao líder do grupo ( nós ), pero ningún estará quieto mentres loitamos nós, e este dinamismo agradécese moito, pero para isto cometen outros erros, como o de perder o combate simplemente con morrer o líder… non o entendo. Como sempre, deberemos infrinxir o máximo dano posíbel ao inimigo para aturdilo e que os golpes que lle deamos sexan máis poderosos, e para iso temos que ter moi en conta a nosa formación. Cada personaxe pode elixir un ou varios rangos como sanador, castigador, fulminador, protector, etc que lle otorgará habilidades diferentes. Así, e dependendo da formación que collamos, estaremos máis inmunes aos ataques, ou pola contra máis protexidos e preparados para vencelos. Un gran acerto é o de poder cambiar a formación en plena batalla, ampliando así as posibilidades estratéxicas.Tamén volven aparecer as invocacións, pero deixan de lado a espectacularidade para converterse nunha especie de transformers que nos axudarán nos combates máis complexos, pero non teñen poderes nada espectaculares e só son relevantes ao final do título.Sobra decir, que con cada pelexa gañamos puntos de experiencia que nos serve para aumentar o noso poder, gañar obxectos que nos permite mellorar as nosas armas e accesorios, etc.

FF 13

Gráficamente é moi bo, e sen entrar nas escenas de vídeo que son espectaculares, o ingame do xogo loce a un nivel moi alto ( aínda que continúan pecando de escenarios bastantes baleiros ). Pero onde realmente se nota a súa calidade gráfica, é non deseño dos personaxes, cunhas texturas impresionantes e cunhas expresións moi conseguidas.Hei de mencionar que probei á versión de 360, polo que podo sospeitar que na Play3 se vexa algo mellor, pero dubido que se note en excesivo tal diferenza, xa que como ben dixen, a calidade gráfica de Final Fantasy XIII pisa á maioría de videoxogos desta consola.

Pero para concluír teño que decir que ao final aburreume, e esas cincuenta horas aproximadamente que pode durar o título acaban por cansar, ou eso me aconteceu a mín. Certo é que nunca fun moi fan dos Final, pero polo que puiden escoitar pola rede, esta última entrega defraudou a moitos seguidores desta saga. Eu non podo decir se é mellor cos anteriores, porque só xoguei ao FFX, e non me gustou demasiado e o FFX-2, que me pareceu unha porquería, pero se eres fan dos JRPGs, pódeslle dar unha oprtunidade.

Quizáis se durase menos de trinta horas ( que xa lle chega ben para non haber nada que investigar ), pois nun aburría tanto, pero cincuenta horas para recorrer unha línea recta…fáiseme demasiado pesado.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario