Espectacular homenaxe aos videoxogos

Por: Xoves, 8 de Abril de 2010

Vídeos que traten sobre videoxogos existen moitos, pero pódovos asegurar que o que ides ver a continuación é verdadeiramente espectacular, algo apoteósico , algo mundial.

Unha homenaxe aos grandes clásicos nun ambiente realista, tocado cuns efectos especiais dignos de calquera película ( xa lle gustaría a moitas ). Sorprende dende o primeiro segundo.

Digno de ver.Espectacular.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario