Sobra decir que este é un rumor, pero aínda que Nintendo anunciou que sacarían a próxima 3DS na feira do E3 para intentar evitar filtracións,pero parece ser que non lle saíu moi ben, porque desde Kotaku adiantan unhas imaxes na que mostran a que podería ser a nova 3DS ( volvo insistir en que estamos a falar dun simple rumor, así que non hai nada confirmado ).
Como podemos ver, a consola é un “cacharro” bastante grande e o que primeiro sorprende é que non ten dúas pantallas, senon unha, aínda que ten a posibilidade de movela tanto horizontal como verticalmente.
Tamén se pode comprobar que definitivamente incluíron o tan criticado pad analóxico ( xa era hora ), e parece ser que a cámara permite un escaneo das imaxes, algo similar ao Project Natal.
Pouco máis hai que decir, xa que todas as palabras sostentámolas nun rumor, pero a primeira vista paréceme que é bastante máis bonita que as anteriores DS, pero o tamaño é moi pronunciado, ou polo menos é o que parece con estas imaxes, así que o de portábel é un decir.