Se hai un título que ronda a cabeza de todos os usuarios dunha Xbox 360, este é o Alan Wake, que despois dun hype atroz e múltiples retrasos, agora… finalmente adiántase unha semana o seu lanzamento.
A verdade é que non sei por qué Remedy fai esta xogada, pero tampouco me preocupa demasiado, xa que se o xogo estaba previsto que saise o 21 de maio, adiántase unha semana e poderémolo saborear o 14 de maio.
Este día será o elexido para poder comprobar se o gran título alcanza as expectativas que todos temos postos nel, pero pola miña parte, son bastante positivo neste aspecto, aínda que me preocupa unha cousa, acabará sendo un desenrolo demasiado lento?. Non sei, simplemente é un presentimento que teño.
Que ven sendo? unha aventura gráfica? Ten boa traza. Saúdos