Gústame o surrealismo moito, de feito non vexo a vida sen estas paranoias que se che ocorren e só che fan graza a ti, e rematan sendo as cousas que máis recordos che producen.
Pois ben, nesta mesma línea creamos os catro superheroes que vivimos nun piso un blogue para botarnos unhas risas,chamámolo A Machada do Iluso e nel recollemos as maiores tolerías que se nos pasan pola cabeza. SURREALISMO PURO.
Comezamos unha serie que titulamos Entrevista na Banheira, na que un dos meus compañeiros e mais eu improvisamos preguntas e respostas hábiles e curiosas a medida que dura o vídeo.Sei que a maioría non lle gustará, pero as risas que nos botamos nós facendo isto non ten prezo, non ohhh.
Por iso, se sodes amantes da improvisación, do surrealismo sen adornos, dos textos particulares e estas cousas que rondan nas mentes e ninguén deixa escapar, pasade por A Machada do Iluso e botádelle unha ollada haber que vos parece.