A próxima xoia de Platinum Games chámase Vanquish, e sei que será unha pequena xoia porque Platinum Games xa demostrou o que sabe facer con títulos como Madworld ou o moi recomendado Bayonetta , e intentará mellorar as ventas dos anteriores, xa que incríbelmente foron moi discretas ( parece ser que a xente non lle interesan os xogos bos ). Así, con este novo shooter de corte futurista que recorda de maneira moi esaxerada o imprescindíbel Gears of War ( aínda que a compañía se negue a recoñecer ), tentará captar máis usuarios e con estos as ventas.
Como podedes ver nas imaxes, a calidade gráfica está a un nivel moi bo, pero como sempre, aínda non se saben demasiados datos sobre este título, terá Platinum Games preparado algunha sorpresa?, estará á altura do esperado?, e a pregunta que máis ronda a miña cabeza, cando foron capaces de crear este videoxogo? ( rumoréase que está rematado case ao cen por cen ), fixérono nos descansos de Bayonetta ou que?…
Non sei, pero polo de momento este proxecto pinta moi ben, haber se continúa así.