Un anazo de Memoria Pixelada

Por: Domingo, 4 de Abril de 2010

tarde pixelada

Nunca pensei que a miña tolería de crear un blog de videoxogos en galego fose durar tanto tempo, pero aquí me tedes, e hoxe Memoria Pixelada cumpre UN ANO. Ao longo deste tempo intentei poñer as noticias máis relevantes, as miñas opinións máis claras, análises de todo o que pasa polas miñas mans, textos que se me ocorren en días de choiva ou de luz… e outras tantas cousas que o meu cerebro procesa e intenta plasmalas aquí.

Todo o que relaciono con videoxogos intento poñelo no blogue para compartir as vosas opinións, polo tanto algo que realmente teño que poñer nesta noticia e o meu agradecemento a todos os que visitan Memoria Pixelada, e mención principal aos que comentan nas entradas, que fan que o que escriba se sinta máis motivado, e polo tanto grazas a An, Marcus (grazas polo deseño e resposta de dúbidas), Teodrak, Sechu, Neima, Mixigodo, Juanjocelta e cada un que fixo algún comentario nesta páxina. Moitas grazas.

Tamén teño que agradecer os que se fixeron seguidores desta Memoria, haber se para outra ano teño outros nove seguidores máis xD.

Continuarei escribindo entradas relacionadas con este mundo ( de feito teño en mente planeado un post cos xogos máis sobrevalorados, no cal me van caer ostias por todos os lados, xa o estou vendo ), e traéndovos as noticias máis salientábeis do mundo videoxoguil. Pero a verdade non sei que pasará no próximo ano, gustaríame captar algún redactor máis ( para que a actividade no blog non decaia nunca ), quizáis darlle un cambio de look ao deseño, crear novos apartados…xa veremos como evoluciona.

Polo menos cheguei ao ano,así que despídome agradecendo de novo as vosas visitas e comentarios, e esperando que continuedes pasando por aquí outro tempiño máis.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Un anazo de Memoria Pixelada”

  1. Marcus di:

    Parabéns polo aniversario do blogue.

  2. Ollodepez di:

    Moitas felicidades por este 1º ano de vida. Esperemos que tan só sexa o comezo de moitos anos máis. Saúdos

  3. An di:

    Eu, se nada o impide, agardo ver como cumpres máis anos. Saúdos e apertas

Deixar un comentario