30 segundos de Dead Space 2

Por: Domingo, 28 de Marzo de 2010

O primeiro Dead Space foi unha sorpresa que nos encantou a todos, un novo xogo que nos plantexaba unha historia decente, unha xogabilidade impecábel, gráficos impresionantes e diversión a patadas.

Está claro que a segunda parte non vai chamar tanto a atención, simplemente polo feito que xa nos esperamos o que nos imos atopar, pero esta saga xa ten gran cantidade de seguidores ( nos cales me atopo ), e aínda non se víu case nada do título. EA non publicou case ningunha información de Dead Space 2, sacando unhas cantas imaxes, e agora ampliamos o material con trinta míseros segundos de vídeo…algo é algo.

O vídeo está grabado nunha ronda de prensa polo que a súa calidade non é nada boa, pero chega para percatarnos de varias cousas. A primeira é que manterá uns gráficos tan bos como o primeiro ( algo que xa se presumía ), que repetirán protagonismo algúns necromorfos ( tamén se supoñía ), pero nesta poderemos usar unhas botas propulsoras que aumentará a variedade no título, podendo aproveitar mellor as zonas de gravidade cero.

Un título que aínda non se sabe nin cando sairá ( 2011 ? ), pero que xa moitos o teñen na lista de espera.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario