parallex-vibracion-imagen-3d

Vale, non entendo o movemento de mercado de Nintendo, que sentido ten sacar a Nintendo DSiXL cando a sucesora directa está tan cerca?, vai marretas que están os de Nintendo para sacar e arraspañar ata o último euro, ai ai.

Pero o que vamos, xa se sabe que a proxima DS permitiranos ver 3D sen necesidade de gafas ( case é do único que se fala nos foros ), pero para máis intriga e debate, a nova consola terá dúas pantallas de 4 pulgadas cada unha, e tendo en conta que as pantallas da XL son de 4,2…non son moi bo en matemáticas, pero botádelle contas. Todo isto lino en Wildgames, e lonxe de quedarse aquí, tamén se fala que que traerá sticks analóxicos, maior autonomía de batería, vibración ( si, si, vibración, que importante… ), e incluso podería incluír un acelerómetro, que vendo os periféricos que saca Nintendo non me extrañaría absolutamente nada.

Nesta mesma páxina amosan esta imaxe, que chama bastante a atención, pero dubido que a nova DS empregue unha tecnoloxía semellante , porque se non o número de epilépticos e mareados aumentarán considerábelmente, aínda que como imaxe está bastante ben, e ademáis cun dinosauro, a quén non lle gustan os dinosauros?

En fin, veremos con qué sorpresa nos ataca Nintendo a partir desta consola, bufff, moito se vai falar dela.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Será este o efecto das tres dimensións na próxima Nintendo 3DS?”

  1. An di:

    SExa como sexa…eu seguirei a xigar ca miña game gear…inda que me da que lle queda pouco. Saúdos

  2. An di:

    Xogar..non xigar 😛

  3. skaltum di:

    Si,o clásico nunca nos falla jaja, pero ando atento haber en que remata este intento de establecer as 3D por parte de Nintendo, aínda que como xa dixen nun artigo anterior, dubido que sexa aínda para esta.
    Tamén se rumorea que esta nova 3DS poderá ter a potencia gráfica da Game Cube, segunda cousa que me fai desconfiar bastante, pero como soño estaría ben….
    Toca esperar.Saúdos e grazas polos comentarios que sempre me animan xD.

Deixar un comentario