Pois si, non me podo aguantar e téñomos que contar esta noticia porque lle teño alta admiración a esta saga ( hai alguén que non llo teña???). No 2006 Gears of War revolucionou o panorama dos videoxogos cunha primeira parte impresionante, que innovaba no sistema de cubertura, cámara de proximación e un desenrolo de filme. Chegado o 2008, a súa segunda entrega eleva a concepción de GoW ao máximo, e agora, segundo a revista EDGE Online , a terceira e esperada entraga aparecerá en abril do próximo ano.
Esta noticia ben entregada por unha importante distribuidora de americana, e ademáis dixeron que o 8 de abril teremos o primeiro teaser de Gears of War 3, e teremos nova información na próxima feira de E3.
Cómo me gustou esta información, ademáis sabendo que anteriormente dixeron que posíbelmente esta terceira entrega podería saír para a próxima xeración de consolas, que ansias, que ganas de ver esa nova obra de arte de Epic Games.
Qué pasará co pai de Marcus?, ide especulando.