Anunciado Rock Band 3

Por: Martes, 9 de Marzo de 2010

rock band 3

Si, si, que Harmonix seguiría explotando a súa saga musical era cuestión de tempo, e para aqueles que xa se comezaban a preocupar, tranquilidade, porque xa está confirmado o lanzamento mundial para o próximo nadal da terceira parte de Rock Band. Publicado por MTV Games e distribuído por Electronic Arts,volverá ( ou iso parece ), a repetir metodoloxía na súa forma de xogar, o cal me leva á seguinte pregunta.

Rematará a saga de Rock Band cometendo o mesmo erro que o seu contrincante máis directo, Guitar Hero?, é decir, creando infinidade de videoxogos iguales, idénticos, clónicos…coa única variedade das súas cancións, para aprobeitar o tirón que ten esta saga. Antes, cada vez que se anunciaba un Guitar Hero, todos nos botabamos as mans á cabeza pensando no que estaba por vir, con qué innovacións nos ía sorprender, e que selección precisa de temas nos ía poñer diante nosa. Agora, cada vez que se anuncia un novo Guitar Hero, xa non é que me emocione, ao contrario, síntome deprimido pola degradación que sufríu esta saga…e non me entendades mal, non degradou, pero tampouco avanzou, baséanse en cambiar a lista de temas e fóra, e pagar 70 € por esto, non o vexo normal.

O tema da conversación cambiou cara outro tema, pero todo veu a conta para darme un pouco máis de esperanza, e rezar para que Harmonix non faga o mesmo co seu Rock Band. Innovará algo esta terceira parte?, facede as vosas apostas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario