Xa fai uns meses que xoguei a esta segunda entrega de Uncharted, e xa vai sendo hora de que transmita as miñas opinións acerca deste tan popular videoxogo. Como é normal, parte da mesma premisa que o seu antecesor, a nunha perspectiva en terceira persoa teremos que atravesar os máis recógnitos lugares e paraxes do planeta, dende tribus indíxenas ata lugares donde a neve prevalece no seu estado máis natural.
Pero realmente ofrece algo diferente ao que xa vimos na primeira entrega de Uncharted?, eu creo que non, aínda que coma sempre é preciso matizar. Non hai dúbida que estamos diante dun verdadeiro xogazo, con gráficos impresionantes ( causante da maior parte do seu éxito mundial ), un argumento que sen ser do melloriño, é bastante digno, espectacularidade a rebosar por todos os lados, e algo que a xente non ten en conta pero que axuda de maneira exponencial… a enorme carisma de Nathan Drake, protagonista desta aventura. Desde logo algo que eu teño moi en conta, con diálogos satíricos, comentarios do protagonista que nos quere sacar un sorriso ( neste aspecto paréceseme a Mclaen ( ou como se escriba ), da saga A xungla de cristal ), un enorme énfase de Drake polo espectacular físico da súa compañeira , etc, etc. Todo isto fai que o xogador se sinta inmerso na pel de Nathen de forma inconsciente, pensando en qué será o próximo que dirá o noso protagonista, cómo resolverá os seus problemas…
Sobra falar do seu apartado gráfico porque a estas alturas xa está máis que sabido por todos que estamos ante un verdadeiro monstro neste aspecto, pero a todos os aspectos, tanto, que na maioría das veces pararedes simplemente para ver o escenario, como todo se move con dinamismo, como ata o máis mínimo detalle está coidado ao máximo, como un sitio, que como moito ides pasar por el escasos segundos, está recreado cunha perfección sobresaliente. Isto aumenta considerábelmente a súa espectaculariedade, pero non paramos aquí, xa que en determinadas ocasións, a cámara sitúase en zonas que nos mostra o momento máis cinematográfico da situación. Isto foi o que realmente variou esta segunda entrega do primeiro título.
Polo resto conserva os seus pros e contras, pola tanto seguimos estando ante un xogo moi sinxelo e curto ( aínda que pretenderon aumentar un chisco a súa duración ), algo que por moi espectacular que sexa, e por moi bos gráficos que me vendan, non quero perdonar, e digo que non quero, porque non me gusta a idea de saber que teño ante mín, media ducia de mercenarios disparándome, un edificio derrubándose e un helicóptero intentando darme caza, e que consiga sortealos a todos sen máximo problema. Pero qué é esto??, e isto inflúe directamente no desenrolo do xogador, que non acaba por aburrir de todo, pero si que as ansias de xogar van disminuíndo consistentemente, tanto que unha vez pasado o primeiro tramo de : uhh que graficazos, uhhh, que marabilla, uhh que espectacular…unha vez pasado esta etapa de adapatación ao título, xa perde bastante emoción. Ademáis o feito de que os combates ( tiros ), sexan bastante similares entre sí ( aínda que aumentaron nun par de combos o combate corpo a corpo ), non axudan nada, e sempre estaremos agardando a que aconteza algo no escenario, algo que nos devolva a atención entregada á fase en concreto.
Quizáis me interpretades mal, pero estou canso de ver tanta loubanza cara Uncharted ( por moitos aspectos merecida, pero tanta, tanta…), e aínda que son consciente de que é un auténtico xogazo que todos os usuarios de Playstation 3 deberían probar, tamén son consciente das súas carencias e demáis erros. E qué queredes?,sigo preferindo que Naugthy Dog se centrase nun próximo capítulo decente ( non coma The Lost Frontier ) de Jack & Daxter. Pero moito me temo que continuarán explotando a carisma de Nathan Drake, xa que os beneficios que están adquirindo con esta exclusiva falan máis que calquera cousa.