Moito se ten falado de que acontecerá no futuro coa saga que desbancou ao mesmísimo Medal of Honor ( que non fai moitos anos era o mellor exemplo de shooter bélico ). Pois preséntovos unha pequena concentración de información sobre o futuro de Call of Duty.
- Infinity Ward creará contidos descargábeis de Modern Warfare 2 con multitude de mapas, e sairá ao longo de 2010.
- O próximo Call of Duty será desenrolado por Treyarch e sairá neste ano, incluso se rumorea que estará ambientado en Vietnam ( que innovador…)
- Infinity Ward manterase como pilar central da saga no futuro (normal, cos pedazos de xogos que se mandan )
- Activision pretende expandir a saga CoD máis alá, e convertilo nun MMO (non fastidies Activision, xa sei que esta saga da máis cartos que a maioría das que tedes, pero non vos pasedes con esta explotación)
- Infinity Ward xa está desenrolando a próxima entrega de Call of Duty ( e visto o visto, prevense unha terceira obra de arte ). Sairá no 2011.
- Sledgehammer Games, composto por membros de Visceral Games, está creando un xogo de acción de CoD (fará as cousas tan ben como Infinity Ward?,ummmmm)
Como vedes temos esta saga para un bo tempo, cousa que non me extraña pola cantidade de cartos que está xenerando, pero teño unha proposta, por qué non aforran os xogos que fai Treyarch e se centran simplemente nos de Infinity Ward?.Non malinterpretedes estas palabras, pero está claro que agora todo o que sexa inferior a Modern Warfare vai parecer ruín, e sendo honestos, dubido moito que existan moitas empresas que fagan as cousas tan ben como os de Infinity. Así pasou co CoD: World at Ward, apareceu xusto entre o Modern Warfare un e dous, e que queredes, entre estos dous, o xogo de Treyarch parece unha trapallada.
Pois a min o World at War tamén me parece un xogazo, ainda que coma o primeiro Modern na misión de Chernobil, creo que non hay nada