Xa pronto chegará este título ás nosas tendas, e sendo un dos títulos que máis espero para o próximo mes, non podo deixarvos de amosar este vídeo no que se nos amosa a ambientación que nos ofrecerá Metro 2033.
Xa sei que estaredes pensando que en marzo aparecerán títulos moito máis relevantes que este shooter, como Bad Company 2, God of War 3 ou Final Fantasy XIII , pero Metro 2033 ten algo que me chama a atención, ou a historia, ou a acción, ou os gráficos, ou a mestura de todos estos elementos , que espero que fagan un título a destacar no próximo mes. Non digo que non leve unha desilusión cando o probe, pero teño moita esperanza neste título, e falta menos para saber se vai ser unha frustración ou un éxito.
Desfrutade deste vídeo, e mirade a pinta que ten!!!!!
é que a min os de tiros…Inda así (e a pesares de que me parece, non o sei, non parte dunha premisa moi orixinal) tenche moi boa pinta. Saúdos e apertas
Claro, todo depende de gustos, e o certo é que son moi fan dos shooters, e este téñolle unhas ganas inmensas, e a historia non me defrauda moito, a historia comeza en Rusia, nun mundo apocalíptico ( esto é certo que xa está pillado ), pero como molan…, e o que máis me chama a atención, despois dos vídeos que vin, é a súa ambientación, aparenta moi boa, pero esperarei a probalo.
Saúdos.
A tiro pasado este xogo crearame unhas espectativas tremendas, pero depois de xogalo unhas horas, a verdade e que non me parece tanto. Eu son mais de Fallout 3 (os anteriores de rol non me chistaban moito) e todos os STALKER