Novo tráiler de Splinter Cell: Conviction

Por: Venres, 19 de Febreiro de 2010

Case tres anos despois da súa presentación, parece que temos data definitiva do novo xogo de Sam Fisher, o 15 de abril , e volve aparecer un novo vídeo para continuar meténdonos ganas do corpo.

Como xa sabedes, Fisher continuará na búsqueda do asasino da súa filla, pero o que non sei é se deixarían a infiltración a un segundo plano para darlle paso á acción. Recordemos o primeiro xogo de Splinter Cell, infiltración pura e dura, o mínimo error estabas morto, aprobeitar ao máximo as posibilidades dos escenarios… estará isto vixente?. Polo que parece, e polo visto en todos os vídeos amosados, a acción prevalece ante todo, e non é algo que me emocione, xa que estou a favor de que as sagas evolucionen, pero que non cambien a súa forma…

Outra cousa que se cambiou é a violencia, acentuada neste Conviction, cousa que nos gustará aos seguidores da saga polo aumento do realismo, alonxándose da excesiva bondade de Fisher nos anteriores Splinter Cell.

Eu falo moito dicindo que creo que se vai alonxar demasiado da infiltración, pero non podo evitar as enormes ganas de xogalo, por algo será…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario