Parece que o port directo de FF XIII para Xbox 360 non vai saír moi ben parado, e non só polo son, pola separación do xogo en non sei cantos DVDs, etc, xa que agora chéganos a primeira imaxe real do xogo na consola de Microsoft, e despois de que a inspeccionaran ao detalle, sábese que o título chegará a 576p, polo tanto esquecédevos da alta definición.
Recordo que o Halo 3 tamén lle pasara o mesmo, e tendo en conta que ao principio nin sequera ía chegar á 360 o Final Fantasy XIII, non me extraña demasiado que non saia moi ben parado.
Unha verdadeira pena, esperemos que en movemento disimule esta amputación técnica.
Podedes ver unha comparación entre as dúas versións en Examiner, pero se podedes elexir entre as dúas versións, creo que xa sabedes cal tedes que mercar.