Vídeo filtrado de Sonic 4

Por: Mércores, 17 de Febreiro de 2010

Xa non me fío destas filtracións de Sega, porque ou ten un infiltrado nas súas estruturas ou estos vídeos non son tan roubados como din.

Sendo dunha forma ou outra, aquí podemos ver por primeira vez a cuarta parte de Sonic en movemento, e a verdade é que se parece bastante ao orixinal, aínda que ou é imaxinación miña ou parece que se move dunha forma máis lenta, cousa nada boa para Sonic, veremos en que remata.

Tamén hai que decir que non vexo normal que xa anuncien este xogo como o episodio 1, quero verlle a cara aos de Sega como non acaden as ventas que esperan. Este título estará composto por catro zonas, Splash Hill Zone, Lost Labyrinth Zone, Casino Street Zone e Mad Gear Zone, máis unha Special Stage, a partir de aquí veremos quen ten máis fe, nunha mascota morta fai xeracións.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Vídeo filtrado de Sonic 4”

  1. An di:

    Gosto del, tenme aireo os clásicos e si, parece que vai un chisco máis lento, o que se agradece con respecto so últimos. Saúdos e apertas

  2. skaltum di:

    Pois eu quero ver o Sonic da Megadrive, acordádesvos da velocidade que pillaba?, buf,ese era o seu espíritu, corrías e case non che daba tempo a ver o que che viña diante, velocidade, luz, saltos, pinchos, moedas…
    E se neste lle reducen a mencionada velocidade,que pasa, queda amputado, eu espero xogalo por curiosidade, e haber se me sorprende.

Deixar un comentaio a An