A primeira vez que escoitei falar deste título, nin sequera lle puxen demasiada atención no contido porque xa me esperaba a mesma trapallada de sempre, copia desnatada de Mario Kart e aburrimente ao minuto. Si, todo estofago porque son humano e saco conclusións sen máis información, e claro , unha vez que me atopo co vídeo que vos presento ( que por certo é unha infiltración, así que non me extrañaría que o eliminasen ), a miña opinión cambia.
E cambia porque o xogo vese moi ben, quén esperaba que se vise así?, e aínda que o da copia de Mario Kart sí que acertei, se se adapta á mesma fórmula pode saír un título para xogar insaciábelmente.
Por suposto que co xogo de carreiras de Mario non poderá competir, pero como alternativa o xa máis que xogado Mario Kart, pode ser unha boa opción. Haber como remata toda esta resurrección de Sega.
Puf, pasame sempre o mesmo, os xogos de coches fanseme dificiles de xogar. Saúdos e apertas
E máis na DS que non ten stick analóxico, pero se Mario consegue adaptarse non vexo porque este título non poida, e se vai plaxiar o estilo de conducción, pois que plaxien tamén o control, xa postos, porque se nun xogo de condución o control é malo, xa pode ser moi bo o título que non vai enganchar a ninguén.