Análise de Darksiders

Por: Martes, 16 de Febreiro de 2010

darksiders

Ao longo dos anos, as empresas dos videoxogos tiveron sempre unha cousa moi clariña, se un xogo ten éxito, pois o mellor que podemos facer é imitalo, sacarlle as súas bases e aplicalas ao xogo que queiramos vender, e isto foi xustamente o que fixo Virgil Games co xogo que paso a analizarvos.

Darksiders é unha mestura de God of War ( típicos Final QTE ), Zelda… e poño puntos suspensivos porque é evidente que colle outros aspectos doutras aventuras, e unha vez que comecedes a xogar notaredes unha sensación de como se xa xogarades ao título. E isto é bo ou é malo?.

darksiders 1

Os que me ledes xa sabedes que son moi partidario da innovación dos videoxogos, e en Darksiders innovación, que se di innovación non existe, pero por outro lado consegue adaptar todo o que xa vimos noutros xogos a unha aventura totalmente nova e que engancha ata o final, e disto poucos xogos poden presumir.

Nós controlaremos a Guerra, un dos catro xinetes da Apocalipse, e como é culpado por deixar que a guerra entre inferno e ceo dese comezo, deberá facer uso de tod o que sabe para limpar o seu nome, e xa de paso limpar os restos de cadáveres que deixa ao seu paso. Así, nunha perspectiva en terceira persoa e armados coa nosa espada, iremos dando caza a todo becho vivente que se nos poña por diante. Mencionar que existe unha adecuade variedade de inimigos, e en todos poderemos aplicar a xa máis que famosa Final QTE, para darlle o golpe de graza ao inimigo. Guerra comezará desde cero, é decir, fóronselle quitando todos os seus poderes, artiluxios e armas, e estos iraos conseguindo a medida que avance na aventura. Incluso poderemos controlar a Ruina, o noso cabalo que nos axudará en máis dunha ocasión.

Pero en que resalta verdadeiramente este xogo, pois principalmente na dificultade de algúns puzles ( non me entendades mal, non é que sexan unha animalada de complexos pero tendo en conta que agora a dificultade dos xogos é nula, agradécese que nos fagan movernos para resolver dito puzle ), a lonxevidade do título ( unhas catorce horas, todo un récord hoxe en día ) e as loitas contra os grandes xefes finais, que como pasa sempre son moi espectaculares pero acaban sendo doados de matar.

darksiders 2

Gráficamente cumple, e aclárome, non destaca tendo títulos moito mellores neste aspecto, pero loce un nivel correcto ( tranquilos que non diredes iso de “bah, vaia merda de gráficos”, non, neste xogo non o ides decir ), xa que os escenarios, aínda que álgúns están bastante baleiros teñen unha nitidez e beleza impresionantes, e os inimigos. como xa dixen anteriormente, e sobre todo os máis grandes son impresionantes.

O control é típico das aventuras de acción, é decir, un par de botóns de ataque, botón de salto e neste caso botón de transformación, xa que a medida que aumenta a furia de Guerra irá enchéndo un medidor, que unha vez cheo poderemos usalompara transformar ao noso protagonista nunha especie de demo moito máis poderoso. O que si que botei en falta foi un maior número de obxectos no inventario directo, xa que unha vez que obtemos varios artefactos que debemos usar, só podemos escoller tres para usalos inmediatamente na pantalla, e cando necesitamos outro diferente, non teremos outra maneira que pausar o xogo e seleccionar o obxecto desexado, o cal chega a ser algo engorroso, xa que interrompe o dinamismo do título.

darksiders 3

Como vedes, o título é moi entretido, sobre todo se che gusta a saga Gof of War ( e a quén non lle ía gustar?), xa que aínda que conscientes do seu nulo risco e innovación, sempre se agradece xogar a un título dos de toda a vida, coa súa fase de auga, de area, de lava…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Análise de Darksiders”

  1. […] sorprendeume gratamente fai un ano co grande título de Darksiders. Un xogo grande,divertido e moi entretido para aqueles que lle gusten as aventuras. Agora sabemos […]

Deixar un comentaio a Darksiders 2 terá un novo protagonista